miércoles, 3 de octubre de 2007

Sendeiro Pazos de Arenteiro - Ribadavia

Ruta de interese histórico / paisaxístico.
A ruta comeza na ponte que dá acceso a Pazos de Arenteiro. A algo máis dun quilómetro atopamos a aldea abandonada de Viñoá e a antiga adega chamada “Adega do Conde” e seguimos a media aba ata aldea de Lebosende no medio de viñedos, como non podía ser doutra forma na bisbarra do Ribeiro.
Despois baixamos polo rehabilitado Camiño Real ata Leiro e o paseo fluvial do Salgueiral.

Cruzamos o Avia pola ponte das Poldras para adentrarnos na area recreativa de San Clodio. Dende aquí podemos tomar tomar unha pequena derivación ata o mosteiro de San Clodio.


O peche de este fermoso entorno pono A Ponte. Unha ponte medieval construida a finais do século XV e reparado no XVIII, de estilo gótico, contando na súa parte central cun interesante cruceiro (S. XVI).
A partir de aquí a ruta segue por zona de viñedos, sempre co río Avia a nosa dereita ata chegar a A Quinza, aldea cunha pequena área recreativa e unha capela adicada ao San Benito (San Benitiño para os paisan@s por aquelo da confianza). Aquí xa palpamos a nosa meta.
Cruzamos a ponte e cambiamos da ribeira esquerda a dereita para, xa preto, entrar en Ribadavia polo novo parque da Veronza.

Lonxitude: 16,2 km a senda principal e 1 km a derivación de ida e volta ao mosteiro de San Clodio.

lunes, 1 de octubre de 2007

Comenzo

Hola, comeza unha nova andadura para os meus ratos de ocio (poucos) pero intentarei adicarlle un anaco.